top of page

Preguntas e respostas

Tes algún problema á hora de instalar Skype en galego? Necesitas algunha información extra? Aquí están as preguntas máis frecuentes que me fan sobre a miña aportación. Se non che solucionan nada estas respostas, sempre podes contactar comigo mediante o formulario de contacto que está na sección Contacto (xa podes premer nesta ligazón marcada en azul). Estarei encantado de respondervos.

01

Intento cambiar a icona de Skype para poñer a nova icona "galeguizada" e non dou. Que fago?

Crea o acceso directo a partir da aplicación .exe da carpeta onde tes Skype instalado. O acceso directo que creas a partir dela podes cambiala facendo clic dereito e premendo en "Propiedades" e logo premendo en "Cambiar icono".

02

Ao cambiar de lingua en Skype ao galego aparecen algunhas frases que non están traducidas. É normal?

 

Desgraciadamente si. A tradución non chega a modificar todas as liñas de texto por motivos de programación. En futuras actualizacións do software de Skype irase pulindo este erro. Non depende de min, depende dos programadores de Skype.

03

En que sistemas operativos funciona Skype en galego?

 

De momento só é para a plataforma Windows, mais estou facendo o posible para ter a tradución para Ubuntu e Mac.

bottom of page